Becerreá terra de carne,
De xatiñas e becerras,
Que se crian nos teus verdes,
Nos teus prados e lameiras.
Unha historia de labregos,
De feiras o dezanove,
Día tres e día doce,
Ben si trona, ben si chove.
Cada feira unha festiña
Para a xente da visvarra,
Uns veñen vender o gando,
Outros co a sua roupa nova.
A cabalo ou en coche,
En tractor ou carroceta,
Ven a xente a tua feira
Ben mercar ou ben de festa.
Es caveza da comarca,
Un partido xudicial,
Sanidade, ambulatorio,
Instituto comarcal.
Tes escola de montaña,
Fas a festiña da pena,
Por setembro no Hece Homo,
Por febreiro nas Candelas.
A xente desta comarca
E xente traballadora,
Triunfan por o mundo enteiro,
Os de dentro i os de fora.
Becerreá ten unha historia
Dende os celtas a os romans,
Unhos castros, unhas pontes
I as eirexas nos seus vals.
Miraremos o futuro,
Cos pes nesta terra nosa,
Valia pouco ou valia moito,
Valio todo porque e nosa.
Todos xuntos levantemos,
Co noso esforzo de agora,
Un nome que no futuro,
Non deixe os fillos por fora.
Que dentro dun ano xuntos
Festexemos a bercerra,
A raiz do noso pobo,
Non se morra nin se esqueza.
Autor : Alfredo González Vilela
Nado en: CASTELO do Santo
Barcelona-26-7-06
No hay comentarios:
Publicar un comentario