lunes, 5 de enero de 2009

ANCARES


¡ Ai si queres que o galo cante,
Dalle millo, dalle millo ¡
¡E si queres que a pita poña,
Dalle trigo, dalle trigo¡


Por o Navia abaixo,
Vai a auga limpa,
¡ non a emporcallemos,
Deixala clarear¡


A neve no cume,
A néboa nos baixos,
Ancares arriba,
Ancares abaixo.


Toxos e xestas,
Uces e carqueixas,
Carballeiras vellas,
Soutos e lameiras.



¡Cántos pobos¡ ¡ Cánta xente
Se criou nestas montañas¡
Moitos deles xa se foron
Emigrar a terra estrana.



¡Ai Ancares os teus fillos,
Cando voltan a su aterra,
A grandeza dos teus montes,
Ca tua inmensa natureza¡


Son felices
Nas tuas feiras
Nas suas terras
Coas suas vacas,
Coa sua xente,
Coas suas cousas,
Nas tuas festas,
Nas suas casas.


E dospois volta a emigrar,
Onde traballo nos dan,
Onde está a nosa vida
Onde temolo fogar.





¡Ancares nosa terriña¡
Que nos deixaches marchar,
Tan probe e tan rica eres,
¿pórque temos que emigrar?...

Lu-4-2002

No hay comentarios: