Amiguiños,
compañeiros,
Os que quero recordar,
Lévovos no meu sentire,
Lévovos no meu pensar.
Dende neno con vosouros
A estudar e a xogar,
Medramos todos xuntiños,
Sen familia nin fogar.
Tempos nenos,
Tempos mozos,
Tempos de felicidad,
Disciplina necesaria,
Sacrificio e humildá.
Amistde en convivencia
Tubemos naquel lugar,
Tempos vivos,
Tempos mortos
Que poidemos disfrutar.
Sempre Deus nas nosas vidas
Para sempre quedará,
I o que vivimos de nenos,
Non podemos olvidar.
Agora que somos homes
Da moderna sociedá,
Cada un coa sua estoria,
I unha vida para contar.
Unhos nenos, unha dona,
A familia i un fogar,
Un traballo, unha amistade,
Os que temos que coidar.
E si Deus nas nosas vidas,
Alumea o nosos andar,
Dando exemplo i un motivo
I a razón para loitar.
Non esquezas compañeiro,
Que eu estou o teu carón,
O meu esprito está contigo,
Lévote no corazón.
Alfredo González Vilela B-9-05
No hay comentarios:
Publicar un comentario