Fun a festa alá no monte,
Fun a festiña da pena,
Para ver si teño sorte
E me namora unha nena.
Por o monte fun cantando
Cantigas da nosa terra,
A volta viñen bailando
O son dunha muiñeira.
Moita sorte foi a miña,
Dimo ben o corazón,
Gracias a festa da pena,
Encontrei o meu amor.
Hai ledicia no meu peito
O verche os ollos brilar,
Cando vexo que te moves
Con ese xeito o bailar.
I agora que xa non durmo
Con esta nova ilusión,
Conseguir o teu cariño,
Disfrutar do noso amor.
Voltaremos a festiña,
Aquela festa da pena,
Coa alegría de ser miña
Eu son a tua parexa.
E bailaremos a xota
Despois dunha muiñeira,
Para que non te perdas nota
Da festiña da riveira.
Agv B-15-7-06
No hay comentarios:
Publicar un comentario